jueves, 20 de noviembre de 2014

EU QUERO SER DE MAIOR...


Os dejo el trabajo que trata de lo que quiero ser de mayor. En principio me parece que saber unas cosas mas, de el que espero que sea mi futuro, no viene nada mal.Saque la mayoría de información de wikipedia y aparte de esa herramienta ninguna mas. Este es el enlace al trabajo.


miércoles, 19 de noviembre de 2014

TUIT POLO BO TRATO
Este tweet lo hago por todas las mujeres que sufren un acoso constante de su pareja.Si esto pasa denuncia.

sábado, 8 de noviembre de 2014

TRABALLO CQC14



Aqui os dejo un enlace al trabajo de CQC14 que edité. El trabajo me pareció una tarea complicada por que no es que tenga una gran imaginación, menos mal que se podía editar uno y ya.

A través do espello
Adrián de Matos Alonso
IES A Paralaia (Moaña)
A padiola detívose. Paula ollou para todos os lados: as paredes brancas,
impolutas, presidían aquela habitación chea de persoas enmascaradas. O
quirófano, para unha rapaza de escasos dez anos, presentábase terrorífico.
—Tranquila, mociña. Non vai pasar nada –dixo un dos enmascarados.
—Claro que non. Ti conta ata dez e xa está –contestou outro dos presentes, chiscándolle un ollo.
—Ata dez ? Só teño que facer iso ? –preguntou ela, temerosa.
—Só iso, pequecha. Antes de rematar, xa estarás durmindo –respondeu a primeira voz, agarimando cada unha das súas palabras.
—Durmindo? Que? Non creo que sexa capaz… Estou demasiado nerviosa…
—A maxia déixanola a nós. Veña, comeza a contar! –instouna unha nova
voz, saída dunha enmascarada de pelo longo que danzaba pola habitación.
—Un, dous, tres, catro…
Ao abrir os ollos, Paula encontrouse fóra daquel frío quirófano. Atopábase outra vez no seu cuarto de hospital, mentres o sorriso preocupado da
súa nai percorría o seu rostro. As paredes volvían estar cubertas de debuxos; as máscaras desapareceran, quizais por non poder saír do seu agocho; e unha interminable vendaxe percorría parte do seu corpo. Estaba
abraiada. Que pasara naqueles catro segundos?
A médica entrou na sala, lucía un brillante colar de perlas na súa boca. As lentes escorríanse polo seu nariz e deixaban ao descuberto a empatía natural das súas pupilas. O seu cabelo, longo e louro, dáballe aínda máis vida a aquel cuarto.
—Que tal estamos, Paula? –preguntoulle con énfase a doutora Ana.
—Ben, penso que ben –Paula tragou saliva antes de lanzar a súa pregunta–. Aínda que teño unha dúbida.
—Son todo oídos –respondeulle a doutora.
—Cando estiven naquela sala, recordo que case nin podía respirar cos
nervios. Entón, os enmascarados mandáronme contar ata dez e, antes de
chegar a cinco, xa estaba durmindo. Como pode ser posible?
—Verás, Paula: iso chámase anestesia. No teu caso, ao ser tan nova e
tratarse dunha operación cirúrxica, administróuseche unha anestesia local. Os enmascarados, como ti nos chamas, utilizamos neste caso unha vía
intravenosa para abrirche as portas do sono. Por ela, administramos uns
fármacos e evitamos que ti sufras dor durante a intervención. Máxico, eh?
—Mellor ca os coellos e os sombreiros –dixo Paula, sorprendida–. É realmente incrible. Por certo, non sabía que ti eras un deses enmascarados!
—Ese será o noso segredo –murmuroulle a doutora, rindo para si.
A tarde sucedeuse con parsimonia. Consumíase entre familias amarelas e contos de fadas. Paula ergueuse con coidado da cama, tentando non
descolocar nada, e dirixiuse rapidamente ao baño. Pronto se encontrou
fronte ao espello. Quería ver o seu rostro, pero no cristal non encontrou
máis que pensamentos. A idea da anestesia aínda pululaba pola súa cabeza, sen que fose capaz de detela. Parecíalle asombroso. Sen darse de conta, Paula agarimou o espello coa punta dos seus dedos.
—Anestesia Que descubrimento! Non imaxino como serían estas operacións sen ela.
De súpeto, os dedos de neve de Paula convertéronse en noite. O espello raiouse con diamantes invisibles e o seu rostro tornouse nun desnutrido crebacabezas. As bágoas comezaron a esvarar polas súas meixelas.
Sentía como unha dor insoportable percorría o seu corpo. Podía cheirar
o sangue que nacía na súa pel.
Paula saíu do baño. O cuarto estaba totalmente distinto. As paredes
respiraban pobreza. E ía frío, moito frío. Un pequeno cartel custodiaba a
estancia. Nel, en letras que, non sabía por que, era capaz de comprender,
podíase ler: «Hospital do Terceiro». No seu brazo xa non había ningunha
vía. A súa nai choraba, derrubada no chan daquel cuarto.
Ao deitarse na cama, Paula ollou cara ao teito do cuarto. As manchas
campaban ás súas anchas naquel reino de putrefacción. Alí só había dor.
Pura dor. E non existía a anestesia.
Paula pechou os ollos e comezou a contar:
—Un, dous, tres, catro…
O sono volveu apoderarse do seu corpo.
Ao espertar, a nena volvía estar no seu cuarto de sempre. As paredes
eran brancas, a súa nai sorría e un neno esvaraba polas rúas da tele cun
monopatín. A súa viaxe rematara. Estivera noutro planeta, desolador. Estivera no terceiro mundo, onde a ciencia, tristemente, aínda non chegara. Paula recostouse con desdén na almofada.
—Anestesia, por favor, chega xa a ese maldito planeta… –sentenciou.


Christian Trillo Maceiras 4ºC

viernes, 7 de noviembre de 2014


PIEZA ACOTADA DE SKETCH UP


pieza de sketch up acotada, a continuación os dejo la planta el alzado y el perfil. Tambien os dejo el boceto.
























martes, 30 de septiembre de 2014

PRIMERA ENTRADA

Hola a todos, y como bien dice el título soy un gran fan de los videojuegos, son mi pasatiempo favorito dado que me paso la mayor parte del día jugando a ellos.Mi saga de videojuegos favorita es la de Assassins Creed.En general me gustan todas las videoconsolas pero me gusta mucho la Playstation.
Tambien me gusta escuchar música sobre todo electrónica mis autores favoritos son Skrillex, Hardwell, Borgore y Virtual Riot.
Gracias a todos y hasta la próxima.